Un total de 30 veciños de Ordes participaron nestes cursos
Un total de 30 veciños do municipio recibiron onte os diplomas acreditativos de tres dos cursos de informática organizados polo Concello de Ordes para o trimestre pasado enmarcados dentro do Circuíto Deportivo e Cultural.
Nesta ocasión entregáronse os diplomas aos participantes en dous cursos de iniciación de Microsoft Windows 7, e aos alumnos doutro curso de Microsoft Windows 7 de nivel avanzado.
Ao acto de entrega dos diplomas acudiu o concelleiro de Cultura, José Ramón Vázquez Raña, que mostrou a súa satisfacción polos bos resultados que están a ter estas iniciativas formativas entre a poboación adulta, ademais de tratarse das máis demandadas cada curso.
*