viernes, 2 de diciembre de 2011

Os socialistas piden no Parlamento dotacións para Ordes por máis de 1.270.000 euros

O grupo parlamentario socialista presenta estas medidas nunha enmenda á lei de presupostos xerais de Galicia para o ano 2012

A petición da Agrupación Socialista de Ordes encabezada por Xesús Pedreira, o grupo socialista do Parlamento de Galicia ven de presentar unha serie de enmendas ao proxecto de lei de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012. Dentro dunha serie de partidas inclúe a proposta de dotación con 1.256.253 euros ás infraestructuras en materia de augas. En concreto, o grupo do PSdG-PSOE propón un orzamento de 766.027 euros para o saneamento no medio rural do concello de Ordes e outros 126.750 euros para o remate do saneamento da Brea-Mesón do Vento. Esta dotación incluiría tamén o abastecemento de outras vías de Ordes por valor de 363.475 euros.


Xesús Pedreira Mirás.
Parcelaria e Museo do Traxe
Noutra partida, correspondente á sociedade pública de investimentos, os socialistas propoñen reordear unha serie de parcelarias entre as que se atopa a de Lesta-Parada e outras ainda non concretadas do concello de Ordes. Este plan de reordenación incluiríase dentro dun conxunto destinado a obras novas no medio rural galego orzamentado con 2.674.074 euros.

Por último, a enmenda socialista contempla tamén unha dotación ao Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes por valor de 15.000 euros.

*