viernes, 23 de diciembre de 2011

Mensaxe de Nadal do Partido Popular de Ordes

Coincidindo coas celebracións do Nadal, desde o Partido Popular de Ordes queremos dicir grazas. Grazas aos nosos militantes e simpatizantes, pero grazas tamén ao conxunto dos veciños de Ordes pola atención que durante o último ano nos dispensaron e, tamén, polo apoio recibido nas dúas convocatorias electorais celebradas durante 2011.

Se ben os votos recibidos non resultaron suficientes para formar Goberno, o Partido Popular rexistrou un crecemento notable nas eleccións municipais. Agradecemos ese apoio e comprometémonos a traballar con coherencia e sen desmaio para facernos acredores da confianza maioritaria nos vindeiros comicios locais.

Valoramos tamén o resultado histórico que os votantes de Ordes outorgaron ao Partido Popular nas recentes eleccións xerais. Estamos seguros de que Mariano Rajoy, como presidente do Goberno, estará a altura da enorme confianza que todos depositamos nel, no seu programa e no seu equipo. O seu éxito será o éxito de todos, que todos desexamos e compartiremos, por riba de ideoloxías.

No Nadal e o Anivonovo resulta obrigado un recordo agarimoso para os familiares e amigos que se atopan lonxe de nós. E tamén unha mensaxe de afecto e solidariedade para os veciños que están padecendo os efectos de crise con especial virulencia.

Desde a gran familia do Partido Popular de Ordes queremos aproveitar estas festas para trasladar os nosos mellores desexos, coa esperanza de que o vindeiro ano 2012 veña repleto de boas noticias para todos.

Ordes, Nadal do 2011

*