viernes, 2 de diciembre de 2011

Castro pídelle a Regos que arranxe "de inmediato" os apagóns de Ordes

Diversas rúas da vila e varias parroquias do rural sufriron cortes de luz no alumeado público

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, demandou ao goberno municipal no último Pleno Municipal que se solucionara a problemática derivada dos continuos e reiterados apagóns de alumeado público tanto nas rúas da vila como nas parroquias rurais do concello de Ordes.

Ainda así, nos últimos días, segundo Gonzalo Castro, “en diversas rúas da vila de Ordes: Rúa Nova, República Arxentina, Rosalía de Castro, Rúa dos Lagartos…, o alumeado público volveu estar longos periodos de tempo apagado, sen que existise aparentemente ningunha razón de carácter técnico que o xustificase, o mesmo ten acontecido en moitos núcleos de población das parroquias rurais do concello, o que está ocasionando un perxuizo evidente aos veciños e veciñas, ademáis de xenerar un evidente risco para a seguridade cidadá”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Pídolle ao goberno municipal de Ordes que resolva de inmediato este problema, xa que non hai ningunha razón que xustifique que se estea a perxudicar a seguridade e o benestar dos veciños e veciñas de Ordes mantendo o noso pobo a escuras”.

*