viernes, 2 de diciembre de 2011

Son discapacitado, e que?


Os alumnos do curso de habilidades sociais celebraron o Día Internacional da Discapacidade coa lectura dun manifesto


“Ponte no meu lugar”. Baixo este lema celebraron hoxe o Día Internacional das Persoas con Discapacidade os alumnos do Curso de Habilidades Sociais para Persoas con Discapacidade, que organiza a Mancomunidade de Municipios de Ordes. Un acto celebrado na aula adaptada do Mesón do Vento e no que participaron 14 dos 16 alumnos inscritos neste curso, as súas familias e representantes de todos os centros educativos de Ordes.

Dous dos alumnos deron lectura ao manifesto “Ponte no meu lugar”, no que lle piden á sociedade que “por un momento, ponte no meu lugar. Teño recoñecida unha discapacidade, pero eso non me impide facer moitas cousas. Eu sei ler e escribir e son capaz de facer distintas tarefas e actividades. Sen embargo, permanezo inactivo na casa, pois todavía me atopo con moitas barreiras e obstáculos para poder participar na sociedade actual. Pero eu son coma ti e quero ter as mesmas oportunidades. Para ter un emprego adaptado ás miñas capacidades e ser o máis autónomo e independente posible. Verdade que me comprendes se te pos por un momento no meu lugar?”.

“Eu aprendín a facer a cama e a dobrar a roupa”, explicou Bea; mentres que “onte fixemos macarróns con brócoli, e puxémolo a ferver”, corroboraba José. Neste sentido, tanto Silvia Marín como a concelleira de Diversidade Funcional de Ordes, Lucía Iglesias Mirás, coincidían en destacar os grandes avances experimentados polos alumnos deste curso nos últimos meses. “Había algúns que apenas falaban e agora se relacionan abertamente non só coas súas familias, senón con todo o mundo”, sinala Lucía Iglesias.


A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación, Mantemento e Servizos do Concello de Ordes
"Coa organización de cursos como este intentamos que estas persoas aprendan e recorden cousas que sabían pero, ademais, que adquiran técnicas de autosuficiencia persoal

*