viernes, 2 de diciembre de 2011

Conciliar a vida laboral e familiar en Ordes durante o Nadal será "fácil e divertido"

O Concello de Ordes prepara unha nova edición das actividades de conciliación para os pequenos durante as vacacións

O prazo para inscribirse estará aberto dende o 12 ata o 20 de decembro no departamento de Educación


Coa chegada do Nadal o Concello de Ordes prepara, a través da concellería de Educación, unha nova edición do programa “Conciliar será fácil e divertido”. Trátase de actividades dirixidas aos pequenos do municipio nas mañás das vacacións de Nadal, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses, á vez de que os nenos e nenas participantes teñan un tempo de diversión e ocio con xogos e obradoiros.

Prazas limitadas
As actividades terán lugar dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro en horario de 09:00 a 14:00 horas. Poderán participar nestas actividades os nenos e nenas escolarizados nalgún dos centros dos centros educativos do municipio en educación infantil ou primaria no curso 2011/2012. Haberá prazas limitadas e a inscrición deberá realizarse no departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello de Ordes, dende o vindeiro día 12 ata o 20 de decembro.

*