José Luis Martínez Sanjurjo pide a Manuel Regos e Roberto González que "den a cara"
O Partido Popular de Ordes reclamou o pasado venres ao Concello que faga públicos todos os informes técnicos relacionados cos danos estruturais detectados na antiga Casa Consistorial como consecuencia das obras de remodelación acometidas nos últimos meses. O Grupo Municipal do PP esixe ao alcalde, quen recoñeceu a existencia dun "serio dano" na estructura do edificio, que facilite toda a información sobre os danos que presenta o edificio e pide que se extremen as precaucacións para evitar calquera tipo de dano sobre as persoas.
José Luis Martínez Sanjurjo considera que, de confirmarse calquera neglixencia no proxecto, o sucedido na antiga Casa Consistorial suporía unha “chapuza descomunal” que non lle pode salir de balde ao equipo de Goberno e reclamará responsabilidades políticas "con todas as súas consecuencias".
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Nin o alcalde nin o concelleiro de obras se poden ir 'de rositas' e deben dar a cara logo da sucesión de chapuzas ás que nos teñen acostumados en Ordes desde a pasada lexislatura”
*