Máis de 40 mozos participaron no obradoiro promovido polo Concello
O Concello de Ordes segue adiante co seu programa de actividades organizado con motivo do Nadal. O luns tocáballe o turno aos máis pequenos coa celebración dun obradoiro de decoración navideña realizado con material de refugallo. Un obradoiro no que participaron máis de 40 nenos e nenas repartidos en dous grupos por idades, no que a través de latas, cartóns, e todo tipo de material caseiro realizaron diferentes adornos típicos desta época do ano.
Esta iniciativa terá continuidade hoxe pola tarde coa celebración doutro obradoiro, neste caso, de elaboración de xoguetes tamén a través de material de refugallo. Outros 40 rapaces e rapazas do municipio participarán nesta actividade.