viernes, 16 de diciembre de 2011

O PSOE de Ordes asegura que hai ordenses na Arxentina ao borde da indixencia

Un convenio da Deputación da Coruña axudará á sede arxentina do Partido Judicial de Ordes

Os socialistas de Ordes valoran moi positivamente o acordo que levará "dignidade" a súa precaria sede de Bos Aires

O PSdG-PSOE de Ordes fixo onte público un comunicado polo que valora "positivamente" o convenio asinado entre a Deputacion provincial da Coruña e a Sociedade Union del Partido Judicial de Ordes da Republica Argentina por importe de 9.931 euros. O destino destas cantidades serán repartidos entre as melloras na súa sede social coa colocación de ceorraso por importe de 7.031,00 euros e o resto que será destinado para gastos de funcionamento ordinario, como electricidade, auga e teléfono.

O convenio terá vixencia o 31 de decembro do 2012 e pese a ser asinado nestas datas, contará con efectos retroactivos o un de xaneiro desde ano de 2011. A problemática situación económica e social pola que están atravesando a maioría dos países latinoamericanos, a xuízo dos socialistas ordenses, trae consigo que moitas das entidades sociais como esta do Partido Judicial de Ordes en Bos Aires fundada no ano 1939, estén vivindo unha insostible situación de precaridade económica e asistencial. Este convenio, aseguran, dignificará a sede dos ordenses emigrados.

Ordenses na Arxentina
Por último, o PSdG-PSOE de Ordes demanda que dende a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia tamen se apoie á Sociedad Unión del Partido Judicial de Ordes en  Bos Aires para poder ser unha sociedade con recursos para poder atender aqueles veciños da comarca de Ordes que pola súa idade e precaridade económica estan o borde da indixencia.

*