Momento do pleno da Mancomunidade de Ordes, o pasado mércores. |
A medida afectará aos participantes no curso de habilidades sociais, con mobilidade reducida, que poderá verse suspendido
Os sete municipios que
compoñen a Mancomunidade de Ordes posiciónanse en contra da decisión adoutada
pola Xunta de Galicia de suprimir o servizo de transporte do 065.
Unha medida que afecta a centenares de
veciños e veciñas da comarca con movilidade reducida, entre eles os usuarios do
Curso de Habilidades Sociais que se desenvolve dende hai cinco anos na aula
adaptada e homologada no Mesón do Vento.
Un curso ao que asisten unha veintena de usuarios con escasos recursos e
procedentes de distintas parroquias e municipios. Dende o Concello de Ordes
aclárase que a suspensión deste transporte ou o seu recorte supón na práctica e
por imposibilidade de asistencia ao curso a suspensión do mesmo.
Entrevista con Fenosa
Por outra banda e dentro da orden da sesión
plenaria celebrada esta semana os representantes da Mancomunidade acordaron
solicitar unha entrevista co delegado de Gas Natural Unión Fenosa de Galicia.
O
obxetivo é o de abordar os continuos, múltiples e variados fallos que se
rexistran no sistema eléctrico, así como os retrasos nas reparacións
demandadas.
Ademais tamén se lle
fará chegar á Xunta de Galicia a valoración dos danos ocasionados ata o momento
polos continuos temporais que asolan a cada un dos municipios mancomunados,
advertindo da necesidade de habilitar unha liña de axudas para a reparación dos
destrozos e para o restablecemento de servizos.
*