Son arredor de 250.000 euros cos que tamén se pretende arranxar a rede de pluviais da vila de Ordes e un aparcadoiro no igrexario de Vilamaior
O Grupo
Municipal do Partido Popular de Ordes proporá financiar, con cargo do Plan DTC
93 da Deputación da Coruña –dotado con 246.932,49 euros para este Concello en
2014- o arranxo do pavillón
polideportivo do CEIP Campomaior, reparar a rede de pluviais no entronque da
rúa da Canteira coa rúa de Mercado, no núcleo urbano e a construción dun
aparcadoiro nas inmediacións da igrexa de Santiago de Vilamaior.
O pavillón polideportivo
de Campomaior, de titularidade municipal, foi executado en diferentes fases a
partir dunha pista descuberta creada a mediados dos anos 80. En datas
posteriores foi cuberto e dotado de peche perimetral; nas últimas obras
(arredor do ano 2004) foi dotado de vestiarios e un pequeno graderío lateral.
O tempo transcorrido
desde as últimas intervencións neste recinto deportivo de usos múltiples, a
deterioración derivada do uso intensivo e as novas necesidades xurdidas co paso
do tempo fan necesaria una intervención integral que o Partido Popular
considera debería consistir nos seguintes traballos:
-
Substitución da actual cuberta
e da parte superior dos laterais de chapa metálica por outra que garanta un
óptimo illamento de humidades e térmico, e que, ao tempo, permita a iluminación
natural, para mellorar a luminosidade interior e permitir un maior aforro
enerxético.
-
Dotar os paramentos verticais
de cámaras e elementos que actúen de illantes térmicos e permitan mellorar a
acústica do recinto.
-
Colocar un novo piso sobre a
actual pista de formigón que se adapte ás actividades deportivas a desenvolver,
incluíndo a práctica da ximnasia polos alumnos do CEIP Campomaior.
-
Melloras nos vestiarios e nos
aseos existentes.
Vista aérea da pista de Morgade, en Ardemil. |
Pista de Morgade
Tamén no pleno deste xoves, o concelleiro popular José
Manuel Gestal defenderá unha moción para instar ao Concello de Ordes a
programar unha intervención de urxencia na pista que enlaza Mesón do Vento con
Morgade, na parroquia de Ardemil.
Este vial, de
preto de 900 metros, presenta unha notable deterioro en todo o seu trazado,
con fochancas, deformación na capa de rodadura, ausencia de cunetas e maleza
invasora que inutiliza parte dun firme que non supera os catro metros de
anchura en ningún punto.
A maiores, no tramo inicial da pista, preto do Mesón do
Vento, as polas das árbores situadas nas marxes dificultan a circulación de
vehículos voluminosos, ao tempo que as raíces aceleran os estragos no firme.
Fochancas na pista que leva ao Mesón do Vento dende Ardemil. |
Para corrixir esta situación, o Partido Popular propón
que o Concello acometa un rebacheo inmediato da pista, desbroce e proceda coa
apertura das cunetas, e efectúe as necesarias tarefas de poda no tramo inicial para
eliminar os elementos vexetais que dificultan a circulación e limitan a
visibilidade e, por conseguinte, a seguridade.
Xa a medio prazo, os populares de Ordes instan ao
Concello a realizar unha memoria técnica para cuantificar o orzamento das
obras de ampliación desta pista, co obxectivo de incluír o seu financiamento
nos vindeiros orzamentos municipais, ou con cargo aos POS 2015 da Deputación da
Coruña.
*