Por mor do presunto tráfico de influencias acontecido na contratación na gardería municipal
Os concelleiros do BNG en Ordes, Ramiro Recouso Liste e Pablo Vidal Ríos,
solicitaron no día de hoxe a celebración dun pleno extraordinario urxente, no
que solicitarán a dimisión do alcalde, Manuel Regos, da tenente de alcalde, Silvia
Marín e do concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña.
Os
nacionalistas suliñan que a descalificación do sumario da operación Pokémon, revelase
que o alcalde de Ordes recibiu agasallos do Grupo Vendex, grupo ao que pertence
Sermasa empresa que xestiona a gardería municipal.
Lembran desde o BNG que tamén se revela que Silvia Marín xa non só enchufou á compañeira
sentimental do concelleiro de Cultura, senón que tamén enchufou a varias
persoas mais, unha delas vinculada a unha concelleira da oposición, que
participou no goberno de coalición UxO-PSOE da pasada lexislatura -refírense os nacionalistas a Ana María Álvarez, de CideGa-.
O
recoñecemento de que ela mesma facía entrega a Sermasa dos currículums das súas
candidatas. Sempre segundo o BNG local, a revelación de que a tenente de alcalde convidou á empresa que
xestiona a gardería municipal a que participara no concurso do contrato de
Axuda no Fogar da Mancomunidade de Ordes, aínda que o fixera fora de prazo.
Ramiro
Recouso considera que as escoitas telefónicas confirman o que a propia tenente de alcalde recoñecera en maio de 2013, cando en declaracións aos medios de
comunicación manifestou que o “volvería a facer mil veces”, recoñecemento
explícito da existencia de tráfico de influencias, para beneficiar á muller do concelleiro de Cultura.
Pleno extraordinario
Por
estes motivos o BNG de Ordes, solicitou a celebración dun pleno extraordinario urxente, onde se aproben os seguintes acordos.
1. Dimisión da tenente de alcalde de Ordes en virtude dos acordos plenarios de 25
de abril e de 7 de maio de 2013.
2. Dimisión do concelleiro de Cultura por ser beneficiario directo das
actividades de tráfico de influencias exercidas pola tenente de alcalde de Ordes.
3. Dimisión do alcalde de Ordes por ocultar é protexer as actividades de
tráfico de influencias exercidas pola tenente de alcalde de Ordes.
*