Martínez Sanjurjo: "Esta moción xurde para facer fronte ao uso e abuso do procedemento negociado sen publicidade"
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes defenderá no vindeiro Pleno
una moción para instar ao Goberno local a transparentar a súa xestión
publicando no perfil do contratante da web municipal todos os procedementos de
contratación que xestione, incluíndo os tramitados mediante o procedemento
negociado sen publicidade e os que teñan a condición de gasto menor.
"Esta moción xurde para facer fronte ao uso e abuso que o Concello fai do
procedemento negociado sen publicidade, ata o punto de se ter convertido no Concello
galego que máis utiliza esa fórmula para contratar servizos públicos"
*