martes, 25 de febrero de 2014

Emilia Pardo, convidada especial no clube de lectura da biblioteca de Ordes

Un grupo de novos lectores na bilbioteca municipal de Ordes.
Todos eles pediron varios desexos, entre eles, que non se pechen máis escolas unitarias

A biblioteca municipal de Ordes volveu a ser punto de encontro para os integrantes dos distintos grupos do clube de lectura

Nesta ocasión, os asistentes tamén gozaron da visita da antiga mestra Emilia Pardo, que durante moitos anos exerceu no municipio. 

Máis dunha ducia de nenos e nenas tiveron a oportunidade de ler contos realizados por alumnos das escolas unitarias de Ordes e Mesía o que lle dou pé a Emilia Pardo para contarlle cómo eran antigamente estes centros, cómo se traballaba neles, a qué xogaban os alumnos e alumnas, e moitas máis anécdotas.


Para rematar, todos xuntos arredor da vela máxica pediron varios desexos, entre eles  que non se pechen máis escolas unitarias.

*