Os nacionalistas presentan unha moción na que solicitan do alcalde explicacións sobre os agasallos recibidos do Grupo Vendex
Tras
a descalificación do sumario da operación Pokémon, na que se revela que o alcalde de Ordes recibiu agasallos do Grupo Vendex, grupo ao que pertence a
empresa que xestiona a gardería municipal, o BNG de Ordes ven de presentar
unha moción na que solicita que Regos explique que agasallos, e o valor dos
mesmos, foi os que recibiu do Grupo Vendex.
O
portavoz do BNG de Ordes, Ramiro Recouso Liste, manifestou onte que o sumario tamén da
conta das gravacións telefónicas que demostran que a tenente de alcalde de Ordes mediou para
que a muller dun concelleiro fora contratada pola empresa concesionaria da
gardería municipal.
O BNG
de Ordes xa denunciara prácticas eticamente cuestionables na gardería
municipal, como era a contratación da compañeira sentimental dun concelleiro do Goberno, concretamente do concelleiro de Cultura, lembrando que que “situacións
como estas non contribúen a restaurar a confianza da cidadanía nas
institucións, unha confianza que se atopa baixo mínimos cando asistimos a
continuos escándalos con imputacións masivas por delitos relacionados con
prácticas de corrupción, mentres vemos que só en contadas ocasións se asumen as
responsabilidades políticas que todo cargo público debe ter coa ética no
desempeño das actividades propias do seu cargo”.
Ramiro
Recouso, considera que “os pinchazos telefónicos confirman o que a propia tenete de alcalde, Silvia Marín, recoñecera en maio de 2013, cando en declaracións aos medios de
comunicación manifestou que o “volvería a facer mil veces” , recoñecemento
explícito da existencia de trato de favor, para beneficiar á muller do concelleiro de Cultura”.
Por
estos motivos o BNG de Ordes, solicita a dimisión da tenente de alcalde de Ordes
en virtude dos acordos plenarios de 25 de abril e de 7 de maio de 2013.
*