martes, 4 de febrero de 2014

Ordes, contra a suba do canon de Sogama



Colgan unha pancarta na Casa do Concello baixo o lema: 'Os concellos contra a suba do canon do lixo de Sogama'

O Concello de Ordes manifesta cunha pancarta o seu desacordo e rexeitamento á suba dun 34% do canon que os municipios deberán abonarlle a Sogama pola recollida do lixo

Baixo o lema de 'Os concellos contra a suba do canon do lixo de Sogama', a crítica tamén a secunda unánimemente a Mancomunidade de Ordes, ademais da práctica totalidade dos concellos de Galicia.

*