A obra foi impulsada polo departamento de inglés do centro de ensino. |
Os alumnos do IES Maruxa Mallo asisten á representación de What's up, Romeo?
Os
alumnos e alumnas de primeiro e segundo da ESO do IES Maruxa Mallo desfrutaron
hoxe da obra teatral What´s up, Romeo? Unha iniciativa desenvolvida dende o
departamento de inglés do centro escolar
e que forma parte do seu programa
de actividades.
What´s up, Romeo? é unha obra interactiva na que os dous actores
principais, que encarnan os personaxes de Romeo e Xulieta, manteñen diálogos co
público facéndoo partícipe das súas simpáticas e cómicas situacións.
*