Foi impartida o pasado sábado polo sicólogo Javier Estévez Rodríguez
O sicólogo Javier Estévez
Rodríguez ofreceu o pasado sábado en Ordes unha charla na que abordou a importancia do nivel de atención
nos nenos e nenas en idade escolar e a hiperactividade.
Unha cita que se desenvolveu
na Casa da Cultura coa presenza de nais e pais procedentes dos centros
escolares do municipio, aínda que tamén estivo aberta a aqueles
profesionais de diversos ámbitos que traballan con rapaces en idade escolar.
Ferramentas e estratexias
O
obxetivo deste encontro foi o de ofrecer ferramentas de detección e estratexias
para mellorar o nivel de atención.
O Concello de Ordes colaborou cos Departamentos de Orientación e coa dirección
dos institutos e colexios para levar a cabo este encontro.
*