Bailes de salón, cosmética natural, xardinería, prantas medicinais, relaxación, musicoterapia, cociña e informática
O Concello de Ordes vén de
dar a coñecer a apertura do prazo de inscrición para participar nas actividades
do circuito deportivo e cultural que se deesnvolverá durante os vindeiros meses
de marzo, abril e maio.
Os interesados poderán apuntarse no Departamento de
Cultura e Deportes dende o 17 ata o 26 de febrero, para o que deberán de
aportar unha copia do seu DNI ademais do impreso de solicitude.
Nesta quenda ofrecése a oportunidade de
participar en bailes de salón, baile en liña para nenos e nenas de 4 a 10 anos
e para adultos, obradoiros de cosmética natural, xardinería, prantas medicinais, relaxación e musicoterapia.
Tamén se
organizarán dous grupos para poder participar nas clases de cociña, ademais das
clases de informática para os niveis de iniciación, medio e avanzado.
As clases desenvolveranse na súa maior
parte na Casa da Cultura e no local
social ubicado na rúa Reconciliación.
Os matriculados
poderán beneficiarse de descontos en función de aspectos relacionados co recoñecemento de discapacidades a lo menos nun
33%, a se teñen cumpridos os 65 anos ou se pertencen a familias numerosas.
En
calquera caso pódense realizar consultas a través do teléfono 981680002 ou ben na páxina
web do Concello de Ordes (www.concellodeordes.com).
*