O grupo de participantes no curso de cociña de Ordes xunto ao titor, o cociñeiro local Manuel Iglesias Vieites. |
Con todas as súas prazas cubertas, unha treintena de veciños e veciñas elaboraron sabrosas receitas
Os cursos de cociña organizados polo Concello de Ordes e celebrados ao
longo dos últimos meses remataron cun éxito absoluto. Con todas as súas prazas
cubertas, unha treintena de veciños e veciñas elaboraron novas e sabrosas
receitas, ademais de dar conta de prácticos trucos de cociña e moito máis.
Repostería, carnes, pescados ou caldos foi o que aprenderon grazas aos
consellos e ás clases impartidas polo cociñeiro local Manuel Iglesias Vieites,
quen volverá a poñerse o mandil de cara á próxima convocatoria que dará comenzo
en marzo.
O prazo de inscrición estará aberto do 17 ao 26 de febreiro no departamento
de Cultura, ubicado no segundo andar da Casa do Concello.