Grazas ao convenio asinado entre a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña e o Concello de Ordes
Os
veciños de Ordes xa poden modificar o enderezo do seu permiso de
circulación e condución sen necesidade de moverse do municipio. Un trámite que
se pode efectuar tras a sinatura dun novo convenio de colaboración entre a
Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña e o Concello de Ordes. En ambos casos, os trámites son gratuítos.
No caso de cambio para o permiso ou licenza de
condución bastará con achegar a identificación do solicitante a través do seu
DNI ou NIE. No caso do permiso de circulación de vehículos requirirase a
documentación deste (permiso de circulación, ITV e tarxeta técnica), así como o
formulario de solicitude onde figurarán os datos persoais do titular.
Posteriormente
será o persoal municipal do Concello de Ordes quen se encargue de realizar os
derradeiros trámites coa Xefatura de Tráfico nun prazo máximo de dez días, ente
que se responsabilizará de efectuar as anotacións pertinentes no Rexistro de
Condutores ou de Vehículos.
*