lunes, 5 de agosto de 2013

A música invadiu onte a Alameda de Ordes

A Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad, durante a súa actuación de onte.

A XIV Xunta de Bandas de Música congregou a máis de 400 persoas 

A Alameda de Ordes foi punto de encontro na tarde de note domingo para os amantes da música. Máis de 400 persoas segundo estimacións do Concello de Ordes, desfrutaron coa XIV Xuntanza de Bandas Concello de Ordes que contou coas actuacións da Banda de Música de Ordes e da Banda de Música de Boiro.

Instantes previos a que as formacións ocuparan o seu lugara no escenario, percorreron as principais rúa nun animado pasarrúas.
   
Bandas
No caso dos boirenses, con Juan Lois Diéguez á batuta,  interpretaron as pezas Ceresio (Franco Cesarini), Adagietto para flauta (Ted Huggens) con Nerea Ruibal como solista, Pacis Valley (Ben Haemhouts) e Basiliana (Jan Var der Roost). 

Por parte da Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad Losada, o seu repertorio estivo composto por Calpe (Fernando Penella), Rapsodia Galega Nº1 (E. García Rey), Obertura Selección (Arr. Fernando Gontad) e A noite do Santo Cristo (H. Cambeses).

Ao finalizar o acto os concelleiros Lucía Iglesias e Roberto Iglesias foron os encargados de entregar unha placa conmemorativa desta nova edición. 

*