Manuel Brandarís, hoxe coa súa dona e o alcalde de Ordes, Manuel Regos. |
Nesta edición estiveron representados por Manuel Brandarís, emigrado a Venezuela
Coincidindo co día de San
Roque, Ordes viviu hoxe unha xornada dedicada aos emigrantes. Este ano, a responsabilidade de asumir a
representación de todos os que un día tiveron que abandoar a comarca de Ordes na procura dun mellor futuro foi para Manuel Brandarís.
Nado en 1930 en Ordes, con 22 anos, Brandarís marchou cara a Venezuela cun contrato de traballo
no sector da construcción. Alí fundou unha familia, ata que
fai 22 anos quedou viuvo, momento no que decidiu instalarse na Arxentina.
Saída da igrexa parroquial de San María. Ao fronte, a tenente de alcalde, Silvia Marín, e a concelleira Lucía Iglesias. |
Solución ao problema da emigración
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, destacou da súa figura o que “actualmente supón para tantos
xóvenes talentosos que formamos na nosa terra que teñen que coller as maletas e
marchar fóra na procura dun futuro”.
Regos fixo un chamamento ás altas instancias
políticas e cúpulas de poder ”para que poñan solución a este problema que
afecta moitas familias”.
O alcalde, Manuel Regos, e Manuel Brandarís, durante a ofrenda floral aos emigrantes ordenses. |
Monumento ao Emigrante
Unha vez rematada unha misa previa,
Brandarís recibiu de mans do alcalde unha placa conmemorativa en lembranza deste
día. A continuación, todos os presentes trasladáronse ata o Monumento ao Emigrante, ubicado nos parques municipais, para facer unha ofrenda floral e escoitar o Himno Galego.
Posteriormente, os presentes
trasladáronse ata a Alameda para desfrutar do concerto ofrecido pola Banda de Música de Ordes e a orquestra Magos de España.
Xa pola noite actuarán Tania Veiras e á formación París de Noia. Mañá sábado será o turno para Bahía Blanca,
que este ano poñerá o peche ás festas patronais de Ordes.
*