Celebración dunha edición pasada do Día da Muiñeira en Ordes / Arq. |
A partires das 20:00 horas na Alameda de Ordes
Un
verán máis, o Concello de Ordes celebra o Día da Muiñeira. A cita será mañá domingo a partir das 20:00 horas na Alameda de Ordes, aínda que previamente as catro agrupacións participantes farán un pasarrúas polo centro da vila.
Participantes
Nesta edición cóntase coa participación do Grupo de Danza Asociación Cultural Veciños de Leira, a Asociación Cultural Os
Xeitosos de Trazo, a Asociación Cultural ‘Camiño Real’ de Poulo, e a Agrupación
Folclórica Cultural Sementes do Arte.
*