A vila de Ordes acolle a 14º edición da Xuntanza de Bandas de Música coa participación das agrupacións de Ordes e Boiro
A Alameda de Ordes acollerá
o vindeiro domingo a partir das 20:00 horas a súa tradicional Xuntanza de Bandas
de Música, que este ano celebra a súa 14º edición.
Un acto que se trasladará
tamén ás principais rúas da vila grazas ao pasarrúas previo. Enriba das táboas estarán a Banda de Música de Boiro e os anfitrións, a Banda de Música de Ordes.
Ordenses e boirenses
No caso dos boirenses, con Juan Lois
Diéguez á batuta, interpretarán Ceresio (Franco Cesarini), Adagietto para flauta (Ted Huggens) con
Nerea Ruibal como solista, Pacis Valley
(Ben Haemhouts) e Basiliana (Jan Var
der Roost).
Por parte da Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad
Losada, o seu repertorio estará composto por: Calpe (Fernando Penella), Rapsodia
Galega Nº1 (E. García Rey), Obertura
Selección (Arr. Fernando Gontad) e A
noite do Santo Cristo (H. Cambeses).
*