viernes, 23 de agosto de 2013

O BNG de Ordes, "perplexo" ante o reloxo "invisíbel" da Casa do Concello

Aspecto actual da fachada sul da Casa do Concello de Ordes. Arriba no seu campanile, o reloxo.

Os nacionalistas critican tamén a "moi baixa calidade" do acondicionamento exterior do edificio

Ramiro Recouso: "Vaise sustituir por outro no que se aprecie a hora que marca?

O BNG de Ordes manifestou hoxe a súa "perplexidade" ante a ubicación dun “reloxo invisibel” na Casa do Concello.

O seu portavoz, Ramiro Recouso, manifestou que a reforma da antiga Casa Consistorial, “contemplaba a reparación ou sustitución do reloxo que levaba anos parado, ao igual que o Goberno de Regos”. 

Nestas datas previas ás festas patronais de Ordes, aseguran os nacionalistas, “pintáronse a toda presa as fachadas sur e oeste do inmóbel, deixando as outras dúas, menos visíbeis, sen acondicionar e coas estadas colocadas". 

"Política de fachada e apariencia"
"A política de fachada e aparencia pero baleiras de contido, que realiza Regos, provoca que se coloque un reloxo practicamente invisíbel e un acondicionamento exterior de edificio de moi baixa calidade”, asegurou Recouso.

Os nacionalistas criticaron tamén as manifestacións realizadas polo alcalde en Radio Ordes o pasado 14 de agosto, nas que manifestaba “que se ían parar as obras ate a chegada de novas axudas”.

O portavoz nacionalista suliñou ademáis que o Goberno de Manuel Regos recibiu unha subvención da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia durante o mandato do socialista Xosé Luis Méndez Romeu por valor de 660.000 euros, e solicitou un préstamo bancario no que estaban incluídos os 690.000 euros restantes para cubrir o importe do proxecto de reforma da Casa do Concello, valorado en 1,35 millóns de euros

RamiroRecouso (BNG).
Sustituír o reloxo
“Entón, como é que non se rematan as obras? Onde van os cartos? Onde se gastaron ou onde se perderon? Vaise sustituír o “reloxo invisíbel” por outro no que se aprecie a hora que marca?" 

Estas preguntas serán formuladas polo BNG de Ordes, no vindeiro pleno da Corporación municipal.

*