Estado actual do exterior da Casa do Concello de Ordes. |
A orquestra Panorama encherá a vila de Ordes de música, espectáculo e baile
A Casa do Concello, históricamente chamado Palacio Municipal de Ordes, apura os últimos preparativos para dar a benvida esta noite ás 22:00 horas ás festas de Santa María de Ordes.
Dende o seu balcón á fachada leste dando a cara á avenida Alfonso Senra -históricamente Novo Camiño Real-, o Goberno municipal, co alcalde Manuel Regos á cabeza, dará o chupinazo de saída ás festas que se prolongarán ata o sábado 17 de agosto.
Esta noite, a orquestra Panorama será a encargada de levar a música, o espectáculo e o baile á vila de Ordes.
O Palacio Municipal o 29 de xuño de 1965, recibindo os restos do Soldado Lois chegados dende Cádiz. |
Rehabilitación
O Palacio Municipal de Ordes remata así a súa primeira fase de rehabilitación co arranxo do histórico reloxo no seu campanile e o pintado da súa fachada.
A cor escollida para os seus remaches e contornas foi un tono amarelo area un pouco máis oscuro do histórico tradicional. En todo caso, a rehabilitación continuará no seu interior ao longo das próximas semanas.
O edificio foi construído en 1944 sobre o antigo mercado de abastos de Ordes, e inaugurado finalmente o 14 de setembro de 1954.
*