Estado actual da pista de Parada, logo da intervención municipal. |
Xesús Pedreira: “Mentres outros grupos municipais rexeitan todo por sistema, os socialistas negociamos e conseguimos melloras que xa poden disfrutar os veciños e veciñas de Ordes”
Os socialistas de Ordes informaron o pasado mércores de que o acordo polo cal o PSOE de
Ordes deu o seu apoio aos orzamentos municipais de Ordes para 2013 "comeza a dar
os seus froitos" e os seus beneficios "empezan a ser visibles para os veciños e
veciñas do municipio".
Pista en Parada. |
Vilamaior e Parada
Así, nestes días quedaban arranxadas varias pistas de
concentración na parroquia de Vilamaior, así como o vial que vai ata Parada
dende a estrada Ordes-Carballo a través do Quinto.
A terceira reclamación socialista na zona, o adecentamento da pista de concentración entre O Peñasco e a pista que vai cara Vilamaior, queda pendente de incluír nun próximo Plan de Obras da Deputación. "É importante que se faga, pois a saída desa pista coa estrada Ordes-Lanzá está nunha curva e ten pouca visibilidade, polo que poden producirse accidentes”, lembra o concelleiro socialista Xesús Pedreira.
Pista de Vilamaior. |
Outras melloras
Así mesmo, os socialistas
ordenses lembran que en próximas datas comezarán a executarse outros
investimentos incluídos no pacto de apoio aos orzamentos municipais de Ordes,
que recollen partidas por un importe próximo aos 100.000 euros.
“As máis
inmediatas serán o investimento de 6.000 euros na promoción do comercio local
ordense, que esperamos que se concrete nos próximos días, e a dotación de
mobiliario para a antiga escola de Pereira, que os veciños utilizan como local
social”, adianta Xesús Pedreira.
Por último, nas próximas semanas
tamén está previsto que o Concello ordense cumpra co seu compromiso cos
socialistas e habilite unha partida de 40.000 euros para a creación dun Centro
Municipal de Emprendemento, que se situaría na primeira planta da praza de abastos.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista de Ordes
“Mentres outros grupos municipais rexeitan todo por sistema, os socialistas negociamos e conseguimos melloras que xa poden disfrutar os veciños e veciñas de Ordes”
“Logramos o arranxo da pista do Coto ata a Capela do Rosario e dun pequeno tramo de pista entre outras dúas da concentración nova e que é moi importante para os veciños de Armada, Ameixeira e Carballedo xa que acurta o traxecto para ir cara o campo de fútbol e cara Frades”
*