viernes, 2 de agosto de 2013

O festival Brincadeira convertirá a estación da Pontraga nun pobo pantasmal


www.bricandeirafestival.com
Brincadeira: 9, 10 e 11 de agosto

Domingo 4: Día das Bandas; Venres 9: Día do Neno; Domingo 11: Día da Muiñeira

O mago Adry, coñecido pola súa participación no programa ‘Tú sí que vales’, foi o encargado de inaugurar hoxe o programa de actividades Verán Cultural organizado polo Concello de Ordes para este mes de agosto. 

Momento da actuación do mago Adry, esta tarde na Alameda de Ordes.
O punto de encontro na tarde de onte para máis de 400 veciños e veciñas, a maioría nenos e nenas, foi a Alameda de Ordes

Actividades
Venres, 2 de agosto. Clown interactivo, ‘Non sabes quen es’.
Sábado, 3 de agosto: ‘Os animadores chalados’.
Domingo, 4 de agosto: ‘Día das Bandas’, con pasacalles a partir das 19.45 horas.
Luns, 5 de agosto: Monicreques, ‘Elba e Marcos e os xoguetes encantados’.
Martes, 6 de agosto: , orquestra Pantasma ofrecerá a obra ‘Home orquestra’.
Mércores, 7 de agosto: Clown, ‘O show de Popin’; 
Xoves 8 de agosto: Maxia co grupo Os 7 magníficos e o seu espectáculo ‘A historia de Brancaflor’
Venres, 9 de agosto: Día do Neno no Campo da feira.
Sábado, 10 de agosto: Circo e aéreos Kambahiota ‘Vaia circo’
Domingo, 11 de agosto: Día da Muiñeira
Luns, 12 de agosto: Monicreques coa obra ‘A divertida noite dos monstros’.

O concelleiro de Cultura de Ordes, Xosé Ramón Vázquez Raña (der.), e Julio Negueruela, organizador do festival Brincadeira, esta mañá en Ordes durante a súa presentación.
Brincadeira 
Finalmente o festival Brincadeira celebrarase na estación da Pontraga durante os días 9, 10 e 11 de agosto

Tamén se habilitará unha zona de acampada e tres áreas musicais diferentes para poder desfrutar de tres días de festa e concertos nos que actuarán preto de 40 grupos como Dios Ke te Crew, Pedrito Diablo y los Cadaveras, Malandrómeda,  Dr. Gringo, Chimo Bayo, N.O.M ou Vendetta, entre outros moitos. 

A estación transformarase nun auténtico pobo pantasma según a temática escollida este ano, as Ghost Towns e o terror.


Entradas: 15 euros
As entradas xa se poden mercar de xeito anticipado a un prezo de 15 euros, prezo que inclúe a zona de acampada, a través da web www.festivalbrincadeira.com, así como nas plataformas Ticketmaster, Ticketea.com, Novagaliciabanco.es, Fnac, Cerrefour, Halcónviajes.com ou La Caixa.


Haberá unha flota de autobuses que cada 30 minutos e dende as 16:00 horas achegarán ata a vila de Ordes a todos os que o precisen. As actuacións repartiranse en tres escenarios distintos dende os que se levarán a cabo as actuacións según o seu estilo musical, incluído os ritmos electrónicos ou reggae.

*