viernes, 9 de agosto de 2013

O PP de Ordes urxe a revisión e o repintado dos pasos de peóns da vila

Estado dun paso de peóns da vila de Ordes.

Os populares presentarán no vindeiro pleno unha moción para instar ao Concello a revisar a sinalización horizontal e vertical

Martínez Sanjurjo: "É unha mágoa que o interese que o Goberno local puxo en subir a recadación do IBI non se traduza nun esforzo similar á hora de atender as necesidades dos contribuíntes"

O Partido Popular de Ordes informo hoxe de que facéndose eco das queixas plantexadas por varios veciños de diferentes rúas da vila, defenderá no próximo pleno municipal unha moción para instar ao Concello a revisar a sinalización horizontal e vertical de todos os pasos de peóns da vila, dado o deficiente estado que presentan.

O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, enmarco as deficiencias que presentan os pasos de peóns de vila no desinterese do Goberno local respecto aos equipamentos públicos, dado que tanto o repintado dos pasos de peóns como a revisión e reposición da sinalización vertical implican custes perfectamente asumibles para as arcas municipais. 

Cando se trata de vías das que son titulares outras administracións, aseguran dende o PP, abondaría cunha notificación escrita.

Martínez Sanjurjo (PP).
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Lamentablemente, o equipo de Goberno de Ordes, comezando polo alcalde, leva todo o mandato nos despachos escapando da realidade, de costas aos veciños e ás súas verdadeiras necesidades"

"É unha mágoa que o interese que o alcalde e o seu  equipo puxeron en subir a recadación do IBI para os vindeiros dez anos, e con atrasos incluídos nas revisións efectuadas no ano 2012, non se traduza nun esforzo similar á hora de atender os problemas e necesidades dos contribuíntes

*