Hoxe a partires das 12:00 horas
Onte a parroquia acolleu un gran xantar popular
A
parroquia ordense de Ardemil reviviu onte tempos pasados celebrando unha malla
tradicional organizada pola Asociación Cultural Castro da Croa coa colaboración do Concello de Ordes.
Separar o gran da palla
Dende media
mañá a maquinaria empregada para levar a cabo dita labor traballou a reo ata
conseguir separar o gran da palla.
Exposicións
Nas inmediacións expuséronse tamén arredor de 400 vehículos
entre coches, motos e tractores, a maioría deles con máis de medio século nas
costas.
Tamén se celebraron mostras de antigüidades, de apeiros de labranza e
obxetos de toda índole como mobles, pías, ou farrapos entre outros.
Xantar popular
A gran carpa
instalada para a ocasión acolleu un gran xantar popular no que se degustaron,
entre outras, polbo e carne ao caldeiro.
Hoxe domingo celebrarase o último día desta
xuntanza. Será a partir das 12:00 horas cando dé comenzo a concentración de
tractores antigos.
*