martes, 13 de agosto de 2013

O Día da Muiñeira encheu a Alameda de Ordes de música e folclore



Nesta ocasión participaron catro agrupacións musicais da comarca 

Un ano máis, Ordes rendeu tributo ao noso folclore o pasado domingo na Alameda coa celebración do Día da Muiñeira

Nesta ocasión contouse coa participación de catro agrupacións da comarca: a Asociación Cultural Veciños de Leira, a Asociación Cultural Os xeitosos de Trazo, a Asociación Cultural ‘Camiño Real’ de Poulo e a Agrupación Folclórica Sementes do Arte. 


Pasarrúas
Previamente, os integrantes de cada grupo realizaron un pasarrúas polo centro da vila interpretando pezas musicais en vivo para preto dos 1500 asistentes ao acto.

Para finalizar, os concelleiros Ramón Vázquez Raña e Lucia Iglesias fixeron entrega dunha placa conmemorativa a cada un dos grupos.

*