jueves, 8 de agosto de 2013

Ardemil celebra esta fin de semana a súa tradicional festa da malla


Momento da festa da malla de Ardemil nunha edición pasada / Arq. 

O día grande será o sábado 10 de agosto a partires das 12:00 horas

A partir de mañá venres, a parroquia Ardemil revivirá a súa tradicional festa da malla organizada pola Asociación Cultural Castro da Croa coa colaboración do Concello de Ordes.

A cita terá lugar a partires das 22:00 horas cun encontro no que se ofrecerá touciño entrefebrado de balde ea actuación do cantante Mario

Día grande: sábado
O día grande será o sábado 10 de agosto a partir das 12:00 horas coa feira de antigüidades, a máis grande de toda Galicia segundo os organizadores, ademais doutra de tractores novos e antigos

Tamén terá lugar unha exposición de coches antigos, motos, mobles, pías, farrapos, maquinaria relacionada coas mallas etc.

As gaitas marcarán o inicio da xornada a partir das 16:00 horas co grupo Maldados, o Dúo Tajú, que estará presente ao longo de todo o día, e con espectáculos de mimo

Tamén haberá carpas nas que se servirán pratos típicos como o polbo e a carne ao caldeiro. Como remate, o domingo 12 de agosto celebrarase unha concentración de tractores antigos.

*