viernes, 27 de diciembre de 2013

Os socialistas de Ordes instan ao Concello a xestionar as reclamacións polos recentes cortes de luz

As parroquias máis afectadas foron Parada e Poulo, onde moitos veciños pasaron a Noiteboa sen luz

Os socialistas de Ordes instaron hoxe ao Concello de Ordes a xestionar as reclamacións dos veciños e veciñas do municipio afectados polos cortes de subministro eléctrico durante os últimos días, coincidindo coa cicloxénese explosiva do pasado luns. 

Unha situación que afectou especialmente ás parroquias de Parada e Poulo, onde moitos veciños tiveron que pasar a Noiteboa sen luz.

Reclamacións

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, xa trasladou esta petición ao alcalde, Manuel Regos, xa que “consideramos que o Concello de Ordes debe poñerse á fronte dos veciños afectados e tramitar esas reclamacións diante de Gas Natural-Unión Fenosa e da Consellería de Industria, sobre todo cando estamos ás portas dunha nova tormenta e tendo en conta os cuantiosos danos que a anterior ten causado en Ordes”.

*