Os populares interpretan a negativa do Goberno local a impulsar unha ordenanza
sobre o uso e mantemento das vías públicas municipais como unha evidencia do
seu desinterese polo medio rural ordense
O Grupo Municipal do Partido
Popular de Ordes proporá destinar os máis 400.000 euros que a Deputación da
Coruña destinará a este Concello no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2014 a
corrixir as notables carencias que presenta a rede viaria municipal.
Os populares de Ores
elaboraron xa unha proposta que inclúe a realización de obras de mellora nas
pistas e estradas de todas as parroquias do concello, priorizando os viais e
tramos que presentan un peor estado de conservación.
Os 401.000 euros que o
Concello de Ordes recibirá da Deputación da Coruña en 2014 para financiar o
Plan de obras e Servizos revelan, en opinión do portavoz popular, José Luis
Martínez Sanjurjo, a obxectividade da Administración provincial no reparto das
axudas públicas, ao tempo que desautorizan as recentes críticas verquidas desde
o Goberno local contra esta entidade.
“Lamentablemente, en Ordes xa estamos
habituados á política de balóns fóra do Concello; escoitándoos semella que
nunca teñen a culpa de nada e os seus fracasos son sempre responsabilidade dos
demais”, argumenta Martínez Sanjurjo.
PROPOSTA DE INVESTIMENTO DO POS 2014 EN ORDES
PARROQUIA DE ARDEMIL:
- Tramo de pista de acceso á Hedra dende o
campo de fútbol dos veteráns.
-
Pista dende a N-550, pasando
pola Reboira cara a canteira.
-
Pistas de acceso ás Raposeiras.
-
Pista de acceso a O Seixo
dende o entronque cara Buscás.
PARROQUIA DE BARBEIROS:
-
Pista de O Cruceiro a Fondo da
Aldea.
-
Pista de acceso a Coruxo por O
Loureiro.
-
Pista de acceso a Os Vieites.
PARROQUIA DE BEÁN:
-
Aglomerar o tramo de pista pendente
entre o Concello de Oroso despois da Aldea de Abaixo e Puzos.
-
Arranxar o tramo de pista que
quedou pendente contra o Concello de Oroso (Recouso-Marzoa) dende o cruce cara
a Cercedo.
-
Tramo pendente de Fonte da Viña
a Nouche.
PARROQUIA DE BUSCÁS:
-
Arranxar pistas secundarias no
Pumariño, A Bouciña e Os Lameiros.
-
Pista de Carballedo.
PARROQUIA DE LEIRA:
-
Reparar a pista que enlaza Meitufe
de Arriba ata ao cruce do Castro coa Pedreira.
PARROQUIA DE LESTA:
-
Pista de Os Ameneiros ata O Pazo.
-
Tramos de ramais en Agromaior.
-
Aglomerado da estrada de Lesta
a Pepín.
PARROQUIA DE MERCURÍN:
-
Arranxar a pista de acceso ás
casas da Poza.
-
Limpeza de cunetas e rego
asfáltico en Mañufe, Zampaño, O Piñeiro e Pepín.
-
Acceso a vivendas en O Piñeiro
e Pedre.
PARROQUIA DE MONTAOS:
-
Pista en Queis do Quinteiro a Porta
dos Condes.
-
Pista en Queis do Quinteiro a O
Piñeiro.
-
Pista da Escola de Santa Cruz
a Chan.
-
Tramo de pista a partir da
farmacia cara A Sobreira.
PARROQUIA DE ORDES:
-
Pista desde O Bidueiro á AC-413,
especialmente o tramo que discorre antes e despois do desvío de Darefe.
-
Tramo de acceso a vivenda
unifamiliar no camiño que vai de Lavandeira a Ceidón-Bosteiros.
-
Pista de O Regueiro a Espenica
de Arriba.
-
Pista que comunica A Fraga-As
Casillas co Balado.
-
Beirarúas na rúa de Campeiras
e travesía de Campeiras.
PARROQUIA DE PARADA:
-
Pista que enlaza Castenda co
límite de Ordes e Tordoia (Villartarreo).
-
Tramos que comunican as casas
do lugar de Cestaños.
-
Pista desde O Piñón cara o leste.
PARROQUIA DE PEREIRA:
-
Pista desde a estrada N-550 ata
o igrexario
-
Pista principal a Aldea de Abaixo.
-
Camiño que comunica a Aldea de
Abaixo coa Rúa.
PARROQUIA DE POULO:
-
Pista que comunica os núcleos
de Lavandeira cara A Senra.
-
Pista que comunica A Senra con
O Outeiro.
PARROQUIA DE VILAMAIOR:
-
Pista de As Corredoiras, en
especial o tramo de acceso ás vivendas.
-
Tramo da pista entre Adrán
cara Casa do Monte.
-
Pista en Melris, dende Os
Marchás ata a procedente de Roel.
*