Manuel Regos: "Estas reformas son a nosa aposta polo comercio de proximidade"
Esta semana remataron
as obras de reparación, modernización e
remodelación da praza de abastos de Ordes. Un proxecto
no que se investiron 160.000 euros, en parte sufragado cunha
subvención por parte da Consellería de Economía e Industria que ascende a
120.000 euros.
O proxecto supuxo intervencións no
acondicionamento dun acceso directo desde o exterior para persoas con movilidade
reducida, adaptáronse
os aseos para calquer tipo de usuario, ademais de abrirse ocos na fachada e
instalarse fiestras con carpintería con rotura de ponte térmica e vidro dobre
illante de baixa emisividade.
Demoleuse o aceirado existente e sustituiuse por
outro máis ancho de formigón coloreado e bordo de granito.
Elimináronse as xardineiras
da entrada principal, procedeuse coa reposición da fachada e colocáronse outro
tipo de xardineiras e bolardos. Tapiáronse os muelles de carga que estaban en
desuso e restauráronse as súas portas de acceso.
Limpiouse a fachada e a
cuberta do edificio e aplicouse un tratamento funcixida á pedra. Colocáronse
canalóns e cumieiras na cuberta, ademais de dotarse ao inmoble dos elementos
precisos para reducir o consumo eléctrico.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Esta remodelación se presenta como un incentivo e unha
aposta polo comercio de proximidade”
*