lunes, 16 de diciembre de 2013

O PSOE organiza unha charla sobre a paralización da parcelaria de Parada

Terá lugar no local social de Parada este mércores 18 ás 20:00 horas

A Agrupación Socialista de Ordes organiza este mércores 18 de decembro unha charla informativa sobre a paralización da concentración parcelaria de Parada

Unha iniciativa aberta a todos os veciños e veciñas desta parroquia ordense e que terá lugar no local social de Parada a partir das 20:00 horas.


A charla contará coa participación de Pablo García, deputado autonómico e voceiro do PSOE en materia de Medio Rural, e de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes. 

A entrada é libre e gratuíta.

*