Un grupo de alumnos do curso, na aula adaptada do Mesón do Vento (Ordes). |
Regalaron portavelas nos centros escoles de Ordes que eles mesmos fixeron
Os
alumnos e alumnas do curso de autonomía persoal que o Concello de Ordes imparte
na aula adaptada do Mesón do Vento celebraron hoxe o Día
Internacional das Persoas con Discapacidade elaborando portavelas artesanais construidos con corchos de botellas,
cartón e pequenos vasos de cristal que eles mesmos decoraron.
Ao longo desta
mañá, a concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias, desprazouse ata os
centros académicos do municipio para facer entrega en cada un deles destes
agasallos.
Ademais
dende o Concello de Ordes hoxe físoxe público o manifesto titulado ‘Mírame como
eu te miro’, onde se incide na importancia da inclusión na sociedade actual de
todas as persoas que presentan algún grao de discapacidade.
*