A Mancomunidade de Ordes organizou un encontro en Trazo
A
Mancomunidade de Ordes celebrou no día de onte un videoforum no que un grupo de
mulleres traballaron e afondaron na idea da igualdade entre homes e mulleres.
O
encontro estivo dirixido por Lola García, psicóloga do CIM da Mancomunidade,
quen marcou o punto de partida na mesa de debate que se desenvolveu con
posterioridade á emisión dunha película. A cita tivo lugar na antiga Casa do Concello de Trazo.
*