Ramiro Recouso: "A maior parte dos 401.000 euros asignados a Ordes deberán servir para dotar de servizos sanitarios básicos dos que aínda carecen grandes áreas do municipio"
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, anunciou hoxe a "priorización" dos nacionalistas ordenses na inclusión de obras de abastecemento de
auga e saneamento sobre o asfaltado de pistas no Plan de Obras e Servizos (POS) da
Deputación da Coruña 2014.
O edil
nacionalista manifestou que, sen deixar de lado o mantemento das vías de
circulación, “considera que o mais importante é que a maior parte dos 401.000 euros asignados
ao Concello de Ordes, sirvan pra dotar
de servizos sanitarios básicos dos que aínda carecen grandes áreas do
Concello”.
Proposta do BNG
A proposta do BNG
inclúe obras de abastecemento de auga e saneamento en:
- Abastecemento auga nos lugares de: Queis, Porta dos Condes, O
Castrelo, Carrás, Albariña e Piñeiro (Montaos)
- Abastecemento de auga e saneamento nas aldeas: Aldea de Abaixo, A Rúa,
Pecenín, A Igrexa, A Pedra, Souto de Zar, Ludiño de Arriba, Ludiño de
Abaixo, A Casanova, O Carballo, A Lamela, Carabelos, Mendo, A Poza,
Cercedo e Folgoso (Pereira).
- Instalación dun bombeo de saneamento no lugar da Maquía (Buscás)
En canto ás obras de asfaltado e mellora de
pavimentación, o BNG propón as seguintes actuacións.
- Asfaltado pista concentración parcelaria entre Piñeiro (Montaos) e concello Oroso
- Aglomerado da pista entre o lugar da A Igrexa e a N550 (Parroquia de
Pereira)
- Asfaltado da pista de concentración parcelaria Souto de Zar (Pereira)-Queis
(Montaos)
- Asfaltado da pista: Os Ramos-Carballedo-Estrada AC-524 (Buscás)
- Aglomerado da estrada entre Folgoso e Vilasuso (Beán)