martes, 10 de diciembre de 2013

Visita da tesoureira do Centro de Ordes na Arxentina a Manuel Regos

María Eugenia Moar Regueira e Manuel Regos, o pasado xoves na Casa do Concello de Ordes. 
María Eugenia Moar Regueira convidou novamente ao alcalde a visitar á colonia ordense en Bos Aires

O pasado xoves día 5, o alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu na Casa do Concello a María Eugenia Moar Regueira, tesoureira do Centro de Ordes en Buenos Aires. 

Na cita tiveron ocasión de poñerse ao día da situación e das actividades que actualmente se levan a cabo no centro bonaerense. O alcalde tamén foi invitado formalmente a visitar novamente á colonia ordense na Arxentina, tal e como fixera hai poucos anos. 

Pola súa parte, Eugenia Moar aproveitou a viaxe para visitar ós seus parentes das parroquias de Buscás e Vilamaior.

*