jueves, 12 de diciembre de 2013

Manuel Regos clausura o curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio




Asistiron un total de 15 alumnos que dieron máis de 600 horas de formación e aprendizaxe

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, clausurou onte o curso de atención sociosanitaria a  persoas no domicilio que tivo lugar durante os últimos meses na aula homologada ubicada no Mesón do Vento

Foron máis de 600 horas de formación e aprendizaxe nas que os 15 alumnos e alumnas matriculados traballaron aspectos relacionados coa hixiene e a atención socisanitaria e familiar, o apoio domiciliario e psicosocial, formación laboral, e medio ambiente. 

Ademais contaron cun módulo de 120 horas de prácticas. Tamén tiveron a ocasión de asistir a xornadas e encontros con membros da Oficina de Fomento ao Cooperativismo da Mancomunidade, que lles asesoraron sobre a constitución dunha cooperativa para o seu desenvolvemento profesional. 


Entrega de certificados
Regos fixo entrega dos certificados profesionais que acreditan a participación en dito curso. Na súa visita Regos manifestou a súa intención de que “máis cursos de este tipo e máis concretamente o de asistencia en institución se poida impartir tamén en Ordes”.

*