martes, 10 de diciembre de 2013

Aberta a inscrición para as actividades de conciliación do Concello de Ordes

Obradoiros, xogos, xornadas lúdicas e didácticas

Ata o vindeiro día 19 deste mes permanecerá aberto o prazo de inscrición para anotarse nas actividades de conciliación de cara ás festas do Nadal. Obradoiros, xogos, xornadas lúdicas e didácticas, e moito más é do que poderán desfrutar os nenos e nenas que participen. Terán lugar nas mañás dos días 23, 24,26, 27, 30 e 31 de decembro, e tamén o 2, 3, 7 e 8 de xaneiro.

Poderán inscribirse os nenos e nenas matriculados nalgún centro de educación infantil ou primaria ordense neste curso.


De acadars un número mínimo de participantes que residan nas parroquias do municipio porase a disposición deles un servicio de autobuses. Ademais, como é habitual, as familias numerosas poderán optar a bonificacións.

*