jueves, 19 de diciembre de 2013

Aprobado o destino dos 420000 euros do POS 2014

O maior investimento vai para a parroquia de Ardemil, seguido das de Ordes e Leira

Esta mañá quedou aprobado o POS 2014 do Concello de Ordes, no que se investirán máis de 421.000 euros. Uns cartos que irán destinados á instalación e melloras nos sistemas de abastecemento e saneamento, así como á rede viaria tanto do casco urbán como en distintos puntos das parroquias.

Ardemil contará cun sistema de bombeo na zona de Brea, ademais da colocación de  beirarrúas en Salgueira

Tamén se executarán melloras no firme de distintas pistas, estradas e camiños, como é o caso de Ramil (Barbeiros); Vidueiro, camiños de Lavandeira-Ceidón-Bosteiros,  Regueiro Vila-Espinica-Castiñeira, Vilar, pista de Sar-Espinica e na da Cancela da Agra (Ordes); pista de Cercedo (Marzoa). 

Tamén na da Bociña e en Pumariño (Buscás), nas das zonas de Codeseda e Pedreira (Meitufe), camiño da escola na aldea de Guindiboo e nas pistas de Chán e Sobreira (Santa Cruz de Montaos), nas zonas do Mouro e de Carrillo (Parada), no cruce de Ludiño e na Aldea de Baixo e no camiño do Curro (Pereira), na pista de Lavandeira de Arriba (Poulo), nos camiños de Carballo-Casanova e no da Ameixeira, así como na pista de Adrán (Vilamaior). A todas estas hai que sumarlle o camiño de Brea e outras 2 pistas na parroquia de Mercurín.


No que respecta a instalación da rede de abastecemento e saneamento de augas procederase coa colocación de tubos e sistemas de canalización no camiño de Agromaior (Lesta), na área de Cercedo (Marzoa), na Grela (Parada) e en Folgoso (Pereira).

*