lunes, 23 de diciembre de 2013

O Concerto de Nadal de Ordes enche a Casa de Cultura


Participaron a Escola de Música de Ordes e os Reiceiros de Pontecarreira

A Asociación Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes celebrou esta fin de semana o seu tradicional concerto de Nadal. Unha cita que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura. Abrindo o acto estiveron os alumnos da Escola de Música de Ordes, que interpretaron os temas El cuco e Navidad, Navidad.

A continuación chegoulle o momento aos Reiceiros de Pontecarreira. Esta formación cantou varios temas tradicionais da época de Reices, algún deles recuperado hai anos da tradición local da zona que lle da nome ao grupo. 

Reices de Añá ou O Merlo foron algunas destas cancións, que moitos corearon dende a súa bancada.

Homenaxe a José Lisardo
Posteriromente a Banda de Música de Ordes ofreceu entre outros temas Muiñeira de Cercedo. Unha composición asinada polo director da formación, Fernando Gontad, e que dedicou especialmente a José Lisardo, integrante tanto da banda como da asociación “por todo o gran traballo e adicación que desinteresadamente ofrece á banda á música e á asociación, xa que sin elo nada sería igual nin funcionaría tan ben” explicou o director. 

En palabras de José Lisardo este foi “un momento moi especial polo agradecemento mostrado en público, pero tamén por poder ver o nome da miña parroquia plasmado nunha partitura”.


Para concluir o acto o concelleiro de Cultura de Ordes, Ramón Vázquez, fixo entrega de dúas placas conmemorativas aos organizadores e participantes deste evento que marca o inicio do programa de actos navideños organizados polo Concello de Ordes .

*