Este sábado celébrase o día grande das festas: o Sábado de piñata
Decenas de nenos e nenas,
acompañados das súas familias desfrutaron
dunha divertida e animada ‘Tarde de entroidada’.
Como cada ano, o Concello de
Ordes adícalles este día aos máis novos da casa ofrecéndolles a oportunidade de
participar completamente de balde en obradoiros, xogos e moitas máis sorpresas.
Deste xeito o pavillón Campomaior transformouse nun gran espazo de diversión e
entretemento grazas aos obradoiros de maquillaxe, máscaras, globoflexia,
debuxo, pintura, chapas e moito máis.
Sábado de piñata
Fadas, piratas, super heroes, magos,
pallasos e unha morea de personaxes se deron cita en Ordes á espera de que o
vindeiro sábado chegue a cita máis importante deste Entroido co Sábado de
piñata.
Para esa xornada agárdanse milleiros de persoas que poderán gozar dun
enorme desfile e do concurso de disfraces, carrozas e comparsas onde se outorgarán
importantes premios en metálico.
*