viernes, 7 de marzo de 2014

Audasa deberá eliminar a 'herba da Pampa' da AP-9

A Xunta aceptou a proposta do PSOE de Ordes de erradicar esta especie vexetal invasora

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia aceptou a proposta realizada polo PSOE de Ordes para que AUDASA, empresa concesionaria da Autoestrada do Atlántico (AP-9), deixe de utilizar como planta ornamental a 'herba da Pampa'

En resposta á petición unánime do pleno do Concello de Ordes de 27 de novembro do 2013, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza vén de instar á Dirección General de Carreteras do Ministerio de Fomento, en calidade de responsable da AP-9, a deseñar e executar un plan de erradicación da 'herba da pampa' da autoestrada.

Así mesmo, dende a Xunta amosan o seu compromiso con realizar actuacións de control e erradicación desta especie invasora no medio natural de cara a unha axeitada conservación da biodiversidade en Galicia

Xesús Pedreira (PSOE).
A frase de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista de Ordes
"Celebramos que a Xunta coincida cos socialistas de Ordes en que estamos diante dunha especie invasora, que se expande con facilidade e que está a invadir terras de labradío, obrigando aos propietarios destes terreos a ter que gastar tempo e cartos na erradicación desta planta, pois as súas raíces incrústanse na terra de maneira moi profunda e supoñen unha grave ameaza para a conservación da biodiversidade

*