As intervencións terán que ver coas beirarrúas, pluviais e alumeado público
O
Concello de Ordes levará a cabo o arranxo e mellora de varias rúas e sistemas
lumínicos en distintos puntos do casco urbano da vila. Unhas intervencións
acordadas en comisión e que se levarán a cabo en base ao Plan DTC 93 da
Deputación da Coruña.
Estímase que éstas comenzarán a executarse ao longo das
vindeiras semanas cun orzamento que rolda os 250.000 euros.
Concretamente procederase ao arranxo da
rúa do Parque e a rúa Reconciliación, onde se instalará un sistema de pluviais
e intervencións nas beirarrúas e aplicarase aglomerado na súa estrada, ao igual
que na travesía do Regueiro.
Beirarrúas e alumeado
No caso da rúa da Igrexa aplicarase unha capa de formigón,
mentres que en Cidade Xardín, na rúa Mercado e na rúa Compostela se traballará
nas beirarrúas. A rúa Carnota será outro dos puntos nos que se intervirá.
Ademais disto tamén se realizarán obras de
mellora e un cambio no sistema de alumeado público nas rúas Eduardo Pondal,
Pascual Veiga, Mestre Nicolás do Río, Abastos, Compostela, Ramón Ferreiro e
Parque Municipal.
*