Poñen en marcha un programa de igualdade entre nenos e nenas
A biblioteca municipal de
Ordes acolleu no que vai de mes a visita dos nenos e nenas dos cursos de
Educación Infantil e Primaria dos CEIP Campomaior e Castelao.
Neste
encontro presentouse unha mostra de contos, falouse sobre a
igualdade nas tarefas do fogar así como noutros ámbitos, abordouse o tema da
corresponsabilidade, incidiuse na idea da
igualdade a través dos contos e da literatura e, finalmente,
estableceuse un pequeno debate sobre unha das lecturas realizadas.
Contiños para compartir
Esta visita
englóbase dentro do programa ‘Contiños para compartir’ cuxo obxetivo principal
é o de fomentar a igualdade entre nenos e nenas a través da lectura,
presentando aos libros como unha das ferramentas principais no proceso
educativo.
A biblioteca continuará con esta iniciativa didáctica ao longo das
vindeiras semanas.
*