No momento do corte, unha pequeña explosión causou lesións a un operario
O
Grupo Municipal do BNG de Ordes reclamou hoxe explicacións polo corte do suministro
eléctrico ao Museo do Traxe Juanjo Liñares, e polo accidente sufrido polo
electricista encargado de manipular o cuadro eléctrico.
Segundo
o vocero municipal do BNG, Ramiro Recouso, “o pasado luns 17, un operario da
empresa Cobra procedía a manipular a cuadro da instalación eléctrica do Museo
do Traxe Juanjo Liñares, para realizar un corte de suministro eléctrico ao
inmobel, cando se orixinou unha pequena explosión que lle provocou queimaduras
na parte inferior da cara”
Recouso
sinala “Que os motivos polos que Gas Natural-Fenosa encargou o corte de luz no
Museo do Traxe é a falta de pagamento do suministro eléctrico por parte do
Concello de Ordes”
Déficit
Desde
o BNG lembran “que Manuel Regos
recoñeceu, nos Orzamentos Municipais do 2013, que o Museo do Traxe xeraba uns
gastos de 54.000 euros fronte a uns ingresos de 6 euros, e dicir un déficit de 53.994 euros”.
Para
Ramiro Recouso “non é estraño que con esta xestión económica non se poidan
afrontar os gastos de mantemento do Museo. Tampouco entende que Manuel Regos non pague o
suministro eléctrico, pero siga mantendo e pagando puntualmente 1.500 euros mensuais
á empresa contratada para a dirección e asesoramento museístico, que dirixe o Museo Juanjo Liñares”
Desde
o BNG de Ordes “reclaman explicacións sobre o acontecido, e tamén reclaman cambios
no xeito de xestionar o Museo de Traxe para evitar que provoque un furado nas
xa maltreitas contas municipais, de 54.000 euros anuais.”
*